sábado, 27 de maio de 2017

INAGURACIÓN DA AULA "PEDRO ARMESTRE" NA X ROMARÍA DA LETRAS GALEGAS

No instituto Castro de Baronceli continuamos coa tradición -iniciada hai xa dez anos- de celebrar a Romaría das Letras Galegas nunha data próxima ao 17 de maio. Un dos eventos incluídos na Romaría é a inaguración no centro dun aula co nome dun persoeiro vencellado á comarca. O obxectivo desta adicación é poñer en valor a vida e obra de persoas que, partindo dos mesmos lugares de prodecendencia que os nosos alumnos/as, acadaron ou están a acadar uns logros destacables no seu ámbito profesional, e cremos poden servir de modelo de inspiración para eles. Coñecendo e admirando a súa traxectoria, aspiramos a alentalos/as a confiar nos seus soños e aspiracións, e a poñerse mans á obra para facelos realidade.


Neste ano 2017, a figura escollida para a adicatoria da aula non poder resultar máis inspiradora. Pedro Armestre, natural de A Rasela (Verín), non só ten acadado múltiples logros e recoñecementos  como fotoperiodista, senón que dende a súa actividade profesional -e posición relevante en medios nacionais e internacionais así como nas redes sociais- contribúe a facer visible moitos dos problemas sociais e medioambientais do noso mundo actual, especializándose naqueles que en moitas ocasións a maioría de medios de comunicación minimizan cando non directamente silencian. Invitamos a ver esta breve presentación  que destinamos á inaguración da súa aula na X Romaría.

Como mostra da súa implicación nos temas sociais e mediambientais, recomendamos encarecidamente visitar a seguinte páxina web, encabezada por esta frase: "O periodismo só poder ser fiel á verdade e á información, sen esquecer dar voz a quen non a ten" (Pedro Armestre & Susana Hidalgo):

A súa aportación humana e profesional non só se reduce a visibilizar problemáticas sociais e ambientais -imprescindible labor- senón que tamén se implica traballando nas súas solucións, como por exemplo creando plataformas de colaboración persoais e colectivas con múltiples organizacións coas que traballa: Save the Children, Greenpeace, Acción contra el Hambre, Alianza por la Solidaridad...e outras. Na seguinte web, a "galería solidaria" de Pedro Armestre, a venda de Copias Numeradas e Series Limitadas inclúe a doazón de parte dos seus beneficios ás asociacións ou ONG coas que traballa. "Cando observes a túa adquisición, saberás que hai un grifo máis en Centroamérica, unha canalización, axuda para os que protexen os bosques primarios... A túa contribución é importante", destaca Pedro:

Entregarse aos proxectos nos que traballa, obriga a Pedro Armestre a realizar múltiples viaxes a destinos do máis variado e distante, e a asumir non poucos riscos derivados da súa implicación e coherencia. Pensando na importancia do que nos quere trasmitir, Pedro escribiunos unhas palabras para a inaguración da súa aula na X Romaría das Letras, palabras escollidas que imprimimos e expuxemos no centro:

Como "perla" que nos anticipa a súa visita ao noso centro no vindeiro outubro, Pedro enviounos este vídeo grabado dende a illa pacífica de Vanuatu, onde estivo en maio documentando os graves efectos do cambio climático (e onde os sorprendeu de cheo o ciclón Donna).
video

No instituto Castro de Baronceli non podemos máis que sentir verdadeiro orgullo por posuír unha aula adicada a quen transmite cas súas imaxes, palabras e feitos que un mundo mellor é posible, e que todos podemos e debemos cooperar xuntos para conseguilo. Percibimos, tamén, a responsabilidade e o valor de ser transmisores das causas ás que Pedro Armestre se adica. Gracias, Pedro, pola túa obra, e conta con nós para divulgala entre as xeracións que posúen o futuro

CARTEL ANUNCIADOR DA X ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

No concurso de carteis da X Romaría das Letras Galegas, o gañador e polo tanto o escollido para anunciar a Romaría neste ano 2017, foi o elaborado conxuntamente por Lorena Alonso e Sandra Alonso, do grupo de 3ºA. Parabéns a tod@s @s participantes, e sobre todo a Lorena e Sandra polo voso traballo!!


luns, 1 de maio de 2017

CONCURSO DE CARTEIS PARA A X ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

No IES Castro de Baronceli imos "quentando motores" para a X Romaría das Letras Galegas que neste ano 2017celebraremos o luns 22 de maio. Animádevos e presentade o voso cartel a concurso, o gañador será o cartel anunciador da X Romaría!!




domingo, 30 de abril de 2017

CINE GALEGO: "SICIXIA"



O 31 de marzo os nosos alumnos/as de 3º e 4º ESO asistiron á proxección do filme galego "SICIXIA", na Casa da Cultura de Verín. Esta longametraxe, dirixida por Ignacio Vilar (director de Pradolongo, Vilamor ou A Esmorga, entre outras), e producida por Vía Láctea filmes, está ambientada na Costa da Morte e mestura ficción e realidade narrando a inesperada historia entre Xiao, un enxeñeiro de son, e Olalla, unha guía local.

A película, estreada en 2016, retrata o excepcional patrimonio da Costa da Morte, e foi rodada nos seguintes lugares de Galicia: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Corcubión, Cee, Cerceda, Dumbría, Fisterra, Gaiás (Santiago de Compostela), Muxía e Zas, na provincia da Coruña; Sabucedo (A Estrada) e a Illa de Arousa, na provincia de Pontevedra. Recomendamos visitar a seguinte ligazón sobre este filme.

ABRINDO AS PORTAS DA LUSOFONÍA


O venres 17 de marzo, tras varios anos consecutivos intentando cadrar axendas (e sempre contando ca súa boa disposición e interese), tivemos o luxo de poder escoitar no noso centro a Carmen Villarino Pardo, Doutora en Filoloxía e profesora especialista en Literatura Brasileira da Universidade de Santiago de Compostela (USC), nunha conferencia destinada aos alumnos/as de 3º e 4º da ESO (á dereita na fotografía). Tamén de luxo foi escoitar aos leitores -colaboradores nas clases de Filoloxía da USC- que a acompañaron e participaron no acto (de esquerda a dereita na fotografía anterior): Márlio Barcelos (lector brasileiro da USC), Carla Sofía Amado (lectora de portugués na USC e Directora do Instituto Camões en Galicia) e Benevides Maurício (lector angolano da USC no curso anterior e profesor do Instituto Superior de Ciência e Educação en Luanda - Angola).

Contáronnos cousas tan importantes como que a lingua portuguesa fálana, aproximadamente, 250 millóns de persoas, coas que podemos entendernos se viaxamos a algún dos 8 países en que é língua oficial. É a quinta lingua máis usada en internet (tendo sido a cuarta, con maior taxa de crecemento), e a terceira lingua máis utilizada en Facebook (segundo os datos do informe coordenado por Luís Reto sobre o Potencial Económico da Língua Portuguesa, de 2012) evidenciando a súa importancia a nivel mundial.


Grazas a eles, puidemos coñecer que no VIII Congresso da Associação Internacional de Lusitanistas, (celebrado en 2005 na Universidade de Santiago de Compostela), o escritor brasileiro Luiz Ruffato propuxo o termo galeguia para incluir todos aqueles territorios que falan a mesma lingua orixinada hai séculos na Galiza e que permite, ainda hoxe, entendernos en varios continentes.

Asimesmo, lembraron que a Lei Valentím Paz Andrade, aprobada en 2014 no Parlamento galego, compromete ao Goberno galego a incorporar progresivamente a aprendizaxe da lingua portuguesa como lingua extranxeira nos centros de ensino galegos, e a promover os vínculos coa lusofonía nos medios radiofónicos e televisivos entre outros ámbitos. Esta lei foi o resultado dunha iniciativa lexislativa popular presentada no ano 2013 co apoio de 17.000 sinaturas.

"Abrir as postas da lusofonía" foi abrir a nosa mente ás enormes posibilidades de falar un idioma que nos permite entendernos en moitas partes do planeta, dende unha viaxe a un número amplo de países (Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Guiné Bissau, São Tomé e Príncipe, Cabo Verde e Timor Leste) ata comunicarnos nas redes sociais ou enviar o noso currículum vitae para traballar en innmerables proxectos e empresas que empregan a nosa familia lingüística... por citar tan só algunhas das potencialidades da nosa lingua.

Non podemos máis que reiterar o noso enorme agradecemento a Carme e aos seus acompañantes Márlio, Carla e Benevides, pola valiosa oportunidade que nos brindaron ao visitarnos e transmitirnos todo o que unhas liñas dun blog non poden resumir... Para vós o agradecemento e afecto da comunidade escolar do noso IES Castro de Baronceli, na que en marzo de 2017 deixáchedes unha importante pegada.


Recomendamos visitar estes dous enlaces a sendos vídeos, mostrados durante a conferencia:
    "Racismo é burrice"
    "O que é Lusofonía?

No seguinte enlace hai máis fotos da actividade...

mércores, 12 de abril de 2017

DÍA DA MULLER TRABALLADORA (8 de marzo)


O 8 de marzo (mais non só ese día), no noso instituto Castro de Baronceli unímonos aos millóns de voces en todo o mundo que reivindican valorar como se merece o papel da muller en toda clase de traballo, así como loitar para rematar cas inxustizas e discriminacións que todavía sofren en moitos casos.

No canón do corredor principal expuxéronse as infografías realizadas polos alumnos de 1º e 2º de ESO en Valores Éticos, sobre a vida e obra de destacadas (e case sempre pouco recoñecidas) mulleres artistas na historia. Parabéns pola iniciativa e o voso traballo!


FOTOENTROIDO 2017


Un ano máis, o ENDL do IES Taboada Chivite convocou o concurso fotográfico FOTOENTROIDO para os membros dos tres institutos de Verín. As fotos de todos os participantes atópanse no blog intercentros  normacigarron.blogspot.com.es
http://normacigarron.blogspot.com.es/

Elíxese unha foto gañadora por cada centro, e entre esas tres finalistas escóllese a foto gañadora do concurso. A foto finalista do noso centro IES Castro de Baronceli foi a enviada por Julie Fernández Losada, de 3º A, que leva por lema: "Non lograrán roubarnos a ilusión"

Parabéns a tod@s @s participantes!!